martes, 24 de marzo de 2026

Olimpiadas do saber 2025-2026. 1º, 2º e 3º ciclo de primaria.

Dende a nosa biblioteca, un curso máis, organizamos as Olimpiadas do Saber. 

Cada semana publícase unha ficha con preguntas e debuxos que o alumnado tivo que respostar mergullándose nos fondos da nosa biblio. 

Hai traballos dos tres ciclos cun total de oito preguntas distintas segundo o nivel do alumnado.

Aquí tedes un par de resumos dixitalizados con algunhas fichas recollidas en dous dosieres de máis de 700 follas. 

 
 
 
Unha experiencia marabillosa.