A mellora progresiva pódese resumir nesta montaxe que presentamos no CAFI, onde o equipo de Biblioteca e o Departamento de Orientación recolleron as melloras do centro.
Co proxecto de Patrimonio Galego, decidimos entrevistar a un dos nosos pintores León Barcala, nado en Vilalonga, Sanxenxo. O alumnado de 4º fixo un gran traballo.
Radio Caramuxo. A nosa radio escolar segue mellorando este pasado curso montamos as paredes coa insonorización e o chan de madeira.
As alumnas e alumnos de 4º entrevistamos á Concelleira de Educación e Cultura do Ilmo. Concello de Sanxenxo, Dona Paz Lago Martínez. Foi un pracer.
Estivo connosco o Sr. Alcalde de Sanxenxo para ser entrevistado na radio escolar Caramuxo. Menudos periodistas e menudo traballazo de fondo para chegar á entrevista final.
a traballar o acoso escolar. Na radio, en plástica, nas linguas, en teatro e facendo un ppt en Tics.
Menudo traballazo.
Primeiro, traballamos en grupo na aula para deseñar as preguntas, pasámolas aos ordenadores na aula de informática e logo gravamos na nosa radio da escola, Radio Caramuxo. Despois editamos as gravacións co audacity, e volvemos outra vez a aula de informática, para logo subir os arquivos a nosa canle de ivoox e publicalos no blog da radio. Menudo nivelazo, como si estivesemos na ESO.
As nenas e nenos de Infantil da Escola A Florida, visitan a radio Caramuxo para explicarnos un chisquiño do seu proxecto e o que aprenderon sobre o mar. O noso mar e outros mares, océanos, etc.
Os Peliqueiros e Peliqueiras de 4 anos estivemos na Radio Caramuxo facendo o programa sobre o Entroido en Galicia. Explicamos o noso traballo.

Estamos preparando o power point e axíña subirémolo!
Están para comelos!
Os Peliqueiros e Peliqueiras de 4 anos estivemos na Radio Caramuxo facendo o programa sobre o Entroido en Galicia. Explicamos o noso traballo.
Bicos a moreas!
Hoxe fixemos unha proba de son, se mañá chove, será culpa nosa. Pero fai falta auga.
0 comentarios:
Publicar un comentario