mércores, 15 de maio de 2024

Festival Letras Galegas 2024. 2º e 3º ciclo

Hoxe celebramos o noso Festival das Letras Galegas 2024, nesta segunda sesión actuou o alumnado de do 2º e 3º ciclo de Primaria e unha pequena representaciópn do claustro.

Todo un éxito de público cun salón de actos cheo ata a entrada principal. Grazas por vir!

Festival Letras Galegas 2024. Infantil e 1º ciclo de Primaria

Hoxe celebramos o noso Festival das Letras Galegas 2024, na primeira sesión actuou o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria.

Todo un éxito de público cun salón de actos cheo ata a entrada principal. Grazas por vir!

martes, 14 de maio de 2024

Contacontos IX

Contacontos dende a nosa biblioteca María José Corral que organiza por novena ocasión un contacontos para nenas e nenos dende infantil a primaria.

Contacontos VIII

Seguimos co proxecto de contacontos na nosa Biblioteca para o alumando de infantil e primaria. Todo un éxito. Xa estamos na sesión número oito!

xoves, 25 de abril de 2024

A nosa escola! Esperámosvos!

Este proxecto xurde dun traballo cooperativo entre todas e todos, dende Infantil ata Primaria para amosar o noso centro ao público. Esperámosvos que vos guste, podedes vir cando queirades.

 Feixes de apertas e bicos.... a moreas!

luns, 22 de abril de 2024

Día do libro 2024. Contos

Dende a nosa biblioteca e para festexar o día do libro, preparamos unha colleita dos contos que fixeron para esta ocasión por parte do alumnado. 

 
Desexamos que vos guste!

Día do libro 2024. Bandas deseñadas

Dende a nosa biblioteca e para festexar o día do libro, preparamos unha serie de bandas deseñadas do alumnado.

 
 
Desexamos que vos guste!