luns, 29 de outubro de 2012
Fiz, o coleccionista de medos
sábado, 27 de outubro de 2012
Recursos para o Samaín
Como se achega o Samaín a biblioteca pon á vosa disposición unha serie de recursos para traballar esta antiga celebración.
Para aprender:
Unidade didáctica 1º Ciclo
Unidade didáctica 2º Ciclo
Para colorear:
Cabazas
Outros debuxos
Para aprender:
Unidade didáctica 1º Ciclo
Unidade didáctica 2º Ciclo
Para colorear:
Cabazas
Outros debuxos
luns, 8 de outubro de 2012
OPAC MEIGA
Nesta páxina atoparedes información moi interesante:
- Prensa en liña.
- Revistas.
- Enciclopedias en liña.
- Novas da túa comarca.
- Recomendacións de lectura.
- etc
OPAC MEIGA
Etiquetas:
Recomendacións de lecturas,
Recursos
mércores, 3 de outubro de 2012
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA
Dende a biblioteca do cole querémosvos recomendámsvos que consultedes estas páxinas nas que atoparedes un montón de lecturas interesantes. Hai para todas as idades.
SOL-E
CLUB KIRICO
FILIX
martes, 26 de abril de 2011
LOIS PEREIRO
Xa sabedes que este ano se adica o Día das Letras Galegas ao escritor Lois Pereiro. Podedes aprender cousas sobre a súa obra e vida ,xogando, no seguinte enlace Lois Pereiro
xoves, 14 de abril de 2011
APADRIÑA UN LECTOR
O pasado 6 de abril os nenos e nenas do IES Sanxenxo fixéronnos unha visita moi agradable. Foron os nosos padriños e madriñas lectores.
Gustounos moito a experiencia. Esperamos o ano que ven volvelos a ver. Bicos e moitas gracias.
Apadriña a un lect@r II on PhotoPeach
Gustounos moito a experiencia. Esperamos o ano que ven volvelos a ver. Bicos e moitas gracias.
Apadriña a un lect@r II on PhotoPeach
domingo, 10 de abril de 2011
Dúas recomendacións de aventuras
Queres encher o teu cuarto de aventuras? Deixámosche estas dúas recomendacións de dous clásicos de aventuras para o teu tempo de lecer.
As viaxes de Gulliver publicáronse por primeira vez no ano 1726. Fíxose de seguida moi popular e, amais de senta-lo máximo precedente clásico da literatura de ciencia-ficción e social-ficción, rebordou as fronteiras da literatura para pasar a formar parte da mitoloxía. E isto conséguese cunhas claves indispensables a sátira, a ironía, a burla e o sarcasmo, a relatividade do punto de vista, a perspectiva, o argumento ferinte pero amablemente exposto... todo adobiado cun envexable sentido do humor. Para ver a versión en galego, preme aquí.
Robinson Crusoe é unha das máis coñecidas novelas de aventuras. Conta a historia dun home que naufragou preto dunha illa deserta e pasou nela máis de vintecinco anos. O protagonista ten que comenzar a vivir prácticamente dende cero, enfrontándose aos desafíos da vida salvaxe e á terrible carga da soidade. Parece que Dafoe inspirouse nun caso real: a historia do mariñeiro escocés Alexander Selkrik, que foi abandonado nunha illa preto da costa de Chile (que hoxe chámase "illa Robinson") e logrou sobrevivir durante cinco anos, ata que foi rescatado. Para ver a edición en galego, preme aquí.
As viaxes de Gulliver publicáronse por primeira vez no ano 1726. Fíxose de seguida moi popular e, amais de senta-lo máximo precedente clásico da literatura de ciencia-ficción e social-ficción, rebordou as fronteiras da literatura para pasar a formar parte da mitoloxía. E isto conséguese cunhas claves indispensables a sátira, a ironía, a burla e o sarcasmo, a relatividade do punto de vista, a perspectiva, o argumento ferinte pero amablemente exposto... todo adobiado cun envexable sentido do humor. Para ver a versión en galego, preme aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
