Seguimos cos mércores de contacontos dende a nosa biblioteca, axiña máis publicacións e moitas máis novidades.
xoves, 7 de marzo de 2024
Mércores de contacontos II
martes, 5 de marzo de 2024
Mércores de contacontos I
Dende a nosa biblioteca e a partires do propio alumnado organizamos unhas xornadas de contacontos que farémolas os mércores.
Aquí unha pequena mostra da primeira sesión.
sábado, 3 de xuño de 2023
Biblioteca María José Corral Prieto
María José Corral Prieto, foi mestra durante moitos anos na nosa escola. Mestra de vocación que empregaba como didáctica o cariño e o amor polo alumnado e pola lectura. Gran compañeira e docente, benquerida en todo o pobo, pola súa traxectoria e polo seu facer como persoa, que deixou unha fonda pegada en todas e todos nós. Por todo iso a nosa biblioteca, levará a partires de hoxe o seu nome In Mermoriam.
Sempre no noso corazón a ela e a toda a súa familia vinculada coa cultura e a educación no noso Sanxenxo.
Grazas por tanto!
Bicos a moreas e feixes de apertas!!!
xoves, 22 de decembro de 2022
Violeta e Mariño
Violeta e Mariño, un conto infantil polo respeto, a empatía e a liberdade. Gran traballo dende o Cim Sanxenxo. Grazas
martes, 8 de novembro de 2022
SAMAÍN 2022
Arturo este curso fai pócemas literarias!!
E tamén un concurso de cabazas terroríficas!!
martes, 4 de outubro de 2022
ARTURO ESTÁ DE VOLTA!!
O canguro Arturo estivo moi triste durante o verán. Facíavos de menos...
Pero este novo curso comeza con enerxía e sostibilidade!!
Non deixedes de vir a visitalo e coñecer as novidades da nosa biblioteca!
AGARDO POR VÓS!! VIDE A VERME!!









