sábado, 16 de marzo de 2024
Teatro de monicreques
Mércores de contacontos III
Seguimos cos mércores de contacontos dende a nosa biblioteca, hoxe tivemos público de Infantil e Primaria. Que ben o pasamos!!
luns, 11 de marzo de 2024
Votacións do 8 de Marzo
O Ceip A Florida vota pola IGUALDADE.
Acadamos a maioría absoluta!
xoves, 7 de marzo de 2024
Mércores de contacontos II
Seguimos cos mércores de contacontos dende a nosa biblioteca, axiña máis publicacións e moitas máis novidades.
martes, 5 de marzo de 2024
Mércores de contacontos I
Dende a nosa biblioteca e a partires do propio alumnado organizamos unhas xornadas de contacontos que farémolas os mércores.
Aquí unha pequena mostra da primeira sesión.
sábado, 3 de xuño de 2023
Biblioteca María José Corral Prieto
María José Corral Prieto, foi mestra durante moitos anos na nosa escola. Mestra de vocación que empregaba como didáctica o cariño e o amor polo alumnado e pola lectura. Gran compañeira e docente, benquerida en todo o pobo, pola súa traxectoria e polo seu facer como persoa, que deixou unha fonda pegada en todas e todos nós. Por todo iso a nosa biblioteca, levará a partires de hoxe o seu nome In Mermoriam.
Sempre no noso corazón a ela e a toda a súa familia vinculada coa cultura e a educación no noso Sanxenxo.
Grazas por tanto!
Bicos a moreas e feixes de apertas!!!
xoves, 22 de decembro de 2022
Violeta e Mariño
Violeta e Mariño, un conto infantil polo respeto, a empatía e a liberdade. Gran traballo dende o Cim Sanxenxo. Grazas


