mércores, 10 de maio de 2017

ABRIL DÍA DO LIBRO

Neste mes celebramos o día do libro lendo moito,

 facendo libros viaxeiros coas nosas familias ,

 asistindo a  actividades na  Biblioteca Municipal  e recibindo 

visitas de contacontos. Foi moi interesante e divertido!




mércores, 1 de febreiro de 2017

CONCURSO DE ILUSTRADORES POLA PAZ



                    CONCURSO DE ILUSTRADORES POLA PAZ.  


   
Un merlo escoitou cantar unha bolboreta de cor
amarela no país das bolboretas:

Cereixas no sombreiro:
soña xaneiro.

Camiños de cristal:
ándanse mal.

Uns ollos de serea:
luces na area.

As flores nunha cesta:
días de festa.

Sorrisos dun rapaz:
brisas de paz.

E o merlo, abraiado,
Rematou a canción:

Os chíos dos paxaros:
uns sons enfeitizados.

Os brincos dun delfín:
as cordas do violín.

Bufandas amarelas:
das barcas son as velas.

Os voos dos morcegos:
cabriolas polo ceo.

Fermosa bolboreta,
os dous somos poetas!  

                              
  “ Antonio García Teijeiro”


















mércores, 25 de xaneiro de 2017

Día da Paz

Hoxe recomendámosvos uns vídeos para o día da Paz, aquí os tedes. 
Hai moito que pensar despois de velos, os valores humanos son moitos.








Bicos a moreas!

mércores, 11 de xaneiro de 2017

NADAL DE LIBROS CON LECTURAS DE MAIORES A PEQUENOS



SAMAÍN

POLO SAMAÍN, OS ALUMNOS LÉRONSE CONTOS DE MEDO UNS AOS OUTROS. FOI ARREPIANTE!

martes, 28 de xuño de 2016

VISITA DE MARÍA SOLAR

                                       MARÍA SOLAR VEU AO NOSO COLEXIO  

Os alumnos do terceiro ciclo lemos o libro "O meu pesadelo favorito". Tivemos unha charla coa escritora e foi un encontro moi agradable. ¡Moitas grazas María Solar!