luns, 26 de abril de 2021

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO " MAR DE MAZÁ"

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO " MAR DE MAZÁ" - ELVIRA RIVEIRO - ODS: OBXECTIVO 5: IGUALDADE DE XÉNERO E EMPODERAMENTO DA MULLER

venres, 23 de abril de 2021

23 de abril día do libro

ODS: OBXECTIVO 5: IGUALDADE DE XÉNERO E EMPODERAMENTO DA MULLER.

Na nosa escola levamos toda a semana traballando diferentes lecturas. Pero decidímonos pola poesía co libro “Mar de mazá”,

de Elvira Ribeiro Tobío da Ed. Galaxia.

Fixemos un conto compartido entre todas e todos, 

fomos á radio para poñer voces aos poemas 

dende os de infantil ata os maiores. 

Experiencia fantástica! 

Lectura recomendada probade!

 


 
Bicos a moreas!

venres, 16 de abril de 2021

Entrevista a León Barcala

Inicio da entrevista
 

Podcast coa entrevista enteira

 
Imaxes da actividade
 


 

xoves, 8 de abril de 2021

Obradoiro de imaxe e fotografía nos recreos!


Diana, Claudia, Adrián e Mateo, chegaron un día no recreo e comentaron que querían facer o obradoiro de traballo de imaxe e fotografía, puxéronse en marcha coa cámara, o micrófono, os chalecos e as identificacións e recorreron toda a escola.

Fixeron unha reportaxe dos diferentes espazos e aquí vos deixamos o seu traballo dende o principio, maquetaron as diferentes tomas (algo así como 98 iniciais) e algún deles ao mellor descobre o seu novo pasatempo ou profesión.

Espero que sexa do voso agrado, e para a vindeira buscaremos unha cámara de vídeo nova!

martes, 23 de marzo de 2021

Entrevista virtual a Ledicia Costas

O alumnado de 4º levamos dous cursos traballando libros de Ledicia Costas, este ano tivemos a  oportunidade de entrevistala aínda que fose de xeito virtual, esperamos coñecela axiña. 
Recomendámosvos os seus libros, como por exemplo: “Vampira de biblioteca” ou “Conexión macarrón”.

venres, 19 de febreiro de 2021

O rato Pérez vive na biblioteca!

 Hoxe chegou Mateo á escola e díxonos:

- “Trouxen unha moa que me caeu esta noite para deixarlla na casa ao rato Pérez”.

- “Perfecto, xa sabes onde vive. Déixalla alí”. Comentoulle a mestra!




 









Despois de petarlle na mesma porta deixoulle a moa para que a gardara o Sr. Pérez.

Ao día seguinte pola mañán Mateo levou unha gran sorpresa. O rato Pérez lembrouse de Mateo.