E CO NADAL, VOLVE O APALPADOR!
O
Apalpador, é un vello corpulento e bondadoso que viste sempre con
roupas gastadas e remendadas e leva boina. Adícase ao antigo oficio
de facer carbón vexetal e frecuenta as zonas do Courel, os Ancares
e o Cebreiro. A noite do 31 de decembro, baixa da súa solitaria
cabana no cumio dun dos montes máis altos, cargado cun enorme saco
cheo de castañas e visita todas as aldeas galegas. Mentres todos
dormen,
el entra nas casas para apalpar as barriguiñas dos nenos e nenas e
comprobar se están ben alimentados e deixarlles unha boa presada de
castañas para que non pasen fame.
Hoxe
en día, como non atopa moitos ventres baleiros, acostuma a deixar
tamén un pequeno xoguetiño de construcción artesanal cheo de
agarimo.
Hai
quen di que desaparecerá de Galicia se a xente non lle presta a
atención que recibiu durante séculos e se Papá Noel segue
roubándolle o seu traballo. E bo, polo tanto, que fales del e llo
presentes a toda a xente que coñezas sobre todo aos máis cativos,
para lograr que non nos abandone e siga visitándonos todos os anos.
Na nosa
biblioteca podes atopar libros de Nadal .ANÍMATE E LE POLO NADAL!!!
O
APALPADOR.Xoan G.
O
APALPADOR E A CASTAÑA MÁXICA.Xoan G.
CRISPÍN
, EL CERDITO QUE LO TENÍA TODO.Ted Dewan.
FELIZ
NAVIDAD, BARRY!.Timun Mas.
¿COMO
TRABAJA PAPÁ NOOEL? Alan Snow.
LA
PRINCESA DE LAS NIEVES.Emily Hawkins.
NAVIDAD
CON CESAR Y ERNESTINA.Gabrielle Vincent.
LA
CERILLERA.Adrián Larrosa.
A
VENDEDORA DE MISTOS.KALANDRAKA.
NAVIDAD,
NAVIDAD,DULCE NAVIDAD! Ed. SM.
MANUAL
DE LA NAVIDAD. Malcolm Bird.
EL NIÑO
QUE NACIÓ EN BELÉN.Ed. Edelvives.
EL
TESORO DE LOS CUENTOS DE NAVIDAD.Ed. clásica familiar.
CUENTOS
PARA PREPARAR LA NAVIDAD. Ed. SM.
ADORNOS
NAVIDEÑOS EN PAPEL. Ed. Parramón.
0 comentarios:
Publicar un comentario