mércores, 21 de maio de 2014
CONCURSO DE ILUSTRADORES POLA PAZ
Para commemorar o día da Paz, este ano, fixemos un novo concurso de ilustradores pola Paz. A partir dun poema sairon estas fermosas ilustracións.
DÍA DA POESÍA
mércores, 30 de abril de 2014
VISITOUNOS ANXO MOURE
Co motivo do día internacional do libro, visitou o noso cole o contacontos Anxo Moure. Todos os nenos e nenas do noso centro puideron disfrutar dunha xornada divertida escoitando as historias de Anxo que sempre defende tanto o coidado da nosa natureza.
Nesta ocasión o fío condutor das súas historias era o seu último traballo " A xacia luviñas" que podedes atopar na nosa biblioteca escolar.
Etiquetas:
Día do libro,
Encontros con autores
venres, 22 de novembro de 2013
O APALPADOR
E CO NADAL, VOLVE O APALPADOR!
O
Apalpador, é un vello corpulento e bondadoso que viste sempre con
roupas gastadas e remendadas e leva boina. Adícase ao antigo oficio
de facer carbón vexetal e frecuenta as zonas do Courel, os Ancares
e o Cebreiro. A noite do 31 de decembro, baixa da súa solitaria
cabana no cumio dun dos montes máis altos, cargado cun enorme saco
cheo de castañas e visita todas as aldeas galegas. Mentres todos
dormen,
el entra nas casas para apalpar as barriguiñas dos nenos e nenas e
comprobar se están ben alimentados e deixarlles unha boa presada de
castañas para que non pasen fame.
Hoxe
en día, como non atopa moitos ventres baleiros, acostuma a deixar
tamén un pequeno xoguetiño de construcción artesanal cheo de
agarimo.
Hai
quen di que desaparecerá de Galicia se a xente non lle presta a
atención que recibiu durante séculos e se Papá Noel segue
roubándolle o seu traballo. E bo, polo tanto, que fales del e llo
presentes a toda a xente que coñezas sobre todo aos máis cativos,
para lograr que non nos abandone e siga visitándonos todos os anos.
Na nosa
biblioteca podes atopar libros de Nadal .ANÍMATE E LE POLO NADAL!!!
O
APALPADOR.Xoan G.
O
APALPADOR E A CASTAÑA MÁXICA.Xoan G.
CRISPÍN
, EL CERDITO QUE LO TENÍA TODO.Ted Dewan.
FELIZ
NAVIDAD, BARRY!.Timun Mas.
¿COMO
TRABAJA PAPÁ NOOEL? Alan Snow.
LA
PRINCESA DE LAS NIEVES.Emily Hawkins.
NAVIDAD
CON CESAR Y ERNESTINA.Gabrielle Vincent.
LA
CERILLERA.Adrián Larrosa.
A
VENDEDORA DE MISTOS.KALANDRAKA.
NAVIDAD,
NAVIDAD,DULCE NAVIDAD! Ed. SM.
MANUAL
DE LA NAVIDAD. Malcolm Bird.
EL NIÑO
QUE NACIÓ EN BELÉN.Ed. Edelvives.
EL
TESORO DE LOS CUENTOS DE NAVIDAD.Ed. clásica familiar.
CUENTOS
PARA PREPARAR LA NAVIDAD. Ed. SM.
ADORNOS
NAVIDEÑOS EN PAPEL. Ed. Parramón.
luns, 21 de outubro de 2013
SAMAIN DE LIBROS
Dende a biblioteca recomendámosvos estes libros e recordade:
SE POLO SAMAÍN QUERES DE MEDO TREMER...ESCOLLE BEN O QUE VAS LER....
De 0 a 5 anos:
-Onde viven os monstros.Maurice Sendak.Ed.Kalandraka.
-Os bolechas van á festa dos calacús.Pepe Carreiro.Ed. A nosa terra.
-Gato Guille e os monstros.Rocío Martínez.Ed.Kalandraka.
-Iago ten un pesadelo.Liesbe Slegers.Ed. Tambre.
-Sacapenas.Anthony Browe. de. Kalandraka.
-Tento mailo medo. Ed. Tambre.
-Raquel ten medo.Agustín Fernández Paz.Ed.Xerais.
-Este é o medo.Oli.Ed.Ir indo.
-Os bolechas teñen medo. Pepe Carreiro.Ed. A nosa terra.
-Os tres bandidos. Tomi Umgerer. Ed. Kalandraka.
De 6 a 8 anos:
-Fiz o coleccionista de medos.Fina Casalderrey.Ed. OQO.
-O Conde-vampiro.Lino Braxe. Ed. Sotelo Blanco.
-A casa da miña avoa.Pep Bruno.Ed. OQO.
-Bola de manteiga.Ana Presunto. Ed. Kalandraka.
-Samaín. Clara de Saa.Ed.Kalandraka.
-Tío Lobo. Ed.Kalandraka.
-Un pesadelo no meu armario.Mercer Mayer. Ed. Xerais.
-A bruxa regañadentes.Tina Meroto.OQO.
-Indo para o Samaín.Carlos e Sabela Labraña.Ed. Everest.
De 9 a 11 anos:
-A noite dos pesadelos.Antonio Reigosa.Ed.Tambre.
-O cuarto prohibido.Itzíar izquieta. de. OQO.
-As bruxas.Roald Dalh.Ed.Terramar.
-Unha pantasma no colexio.Manuel Lorenzo.Ed.Rodeira.
-El monstruoso libro de los monstruos.Thomas Brezina.Ed.SM.
-A noite de Samaín.Colección cómic os Barbanzóns.Ed.Toxosoutos.
INFORMÁMOSTE DE QUE A B.E. TEN UNHA PÁXINA DE CORREO ELECTRÓNICO PARA QUE FAGAS SUXERENCIAS: bibliotecaceipflorida@gmail.com
Etiquetas:
Recomendacións de lecturas,
Samaín
martes, 2 de abril de 2013
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Neste día 2 de abril celébrase todos os anos o día internacional do libro infantil e xuvenil. Commemórase este día o nacemento do famoso escritor Hans Cristhian Andersen. Podedes clicar " O vello farol" para ver un dos seus contos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

