xoves, 4 de decembro de 2008

Literatura e televisión

Página2: web de TVE sobre libros, con entrevistas aos seus autores, reportaxes... Por fin, a televisión pública fai algo ben feito.

Literaliatv: comentarios sobre literatura en televisión, programas sobre libros e recomendacións, etc. Moi interesante.

Ver para leer: páxina arxentina, premiada co Martín Fierro ao mellor programa cultural, onde se mezclan as lecturas e os libros cos vídeos.

Cervantes.tv: repositorio de vídeos relacionados coa literatura e a cultura en xeral.

domingo, 2 de novembro de 2008

Recomendacións de lecturas (en galego)

Bibliotecas escolares de Galicia. Excelente páxina, moi completa, sobre todo o relacionado coa lectura e as bibliotecas escolares. Recomendacións por materia, animación lectora, clubes de lectura...etc.

Selección por materias para o proxecto lector. Bibliotecas escolares de Galicia.

Rede lectura. Blog de recomendacións de libros que se sabe que funcionan nas aulas.

Guías de lectura. Diferentes propostas de distintos centros sobre recomendacións de lecturas.

readgalicia.com.  A Consellería de Cultura e a Asociación Galega de Editores crearon este blog de reseñas de lecturas por categorías e xéneros, ademáis de por editoriais.