martes, 26 de abril de 2011

LOIS PEREIRO

Xa sabedes que este ano se adica o Día das Letras Galegas ao escritor Lois Pereiro. Podedes aprender  cousas sobre a súa obra e vida ,xogando, no seguinte enlace Lois Pereiro

xoves, 14 de abril de 2011

APADRIÑA UN LECTOR

O pasado 6 de abril os nenos e nenas do IES Sanxenxo fixéronnos unha visita moi agradable. Foron os nosos padriños e madriñas lectores.
Gustounos moito a experiencia. Esperamos o ano que ven volvelos a ver. Bicos e moitas gracias.

Apadriña a un lect@r II on PhotoPeach

domingo, 10 de abril de 2011

Dúas recomendacións de aventuras

Queres encher o teu cuarto de aventuras? Deixámosche estas dúas recomendacións de dous clásicos de aventuras para o teu tempo de lecer.

Robinson Crusoe é unha das máis coñecidas novelas de aventuras. Conta a historia dun home que naufragou preto dunha illa deserta e pasou nela máis de vintecinco anos. O protagonista ten que comenzar a vivir prácticamente dende cero, enfrontándose aos desafíos da vida salvaxe e á terrible carga da soidade. Parece que Dafoe inspirouse nun caso real: a historia do mariñeiro escocés Alexander Selkrik, que foi abandonado nunha illa preto da costa de Chile (que hoxe chámase "illa Robinson") e logrou sobrevivir durante cinco anos, ata que foi rescatado. Para ver a edición en galego, preme aquí.






As viaxes de Gulliver publicáronse por primeira vez no ano 1726. Fíxose de seguida moi popular e, amais de senta-lo máximo precedente clásico da literatura de ciencia-ficción e social-ficción, rebordou as fronteiras da literatura para pasar a formar parte da mitoloxía. E isto conséguese cunhas claves indispensables a sátira, a ironía, a burla e o sarcasmo, a relatividade do punto de vista, a perspectiva, o argumento ferinte pero amablemente exposto... todo adobiado cun envexable sentido do humor. Para ver a versión en galego, preme aquí.



mércores, 30 de marzo de 2011

Mariné Lorenzo Corcoba

Mariné Lorenzo Corcoba pasará polo noso cole o vindeiro 27 de Abril para presentarnos o seu libro " Un soño na bandexa"
Cóntanos o que pasaría si un día pediramos cousas especiais a un camareiro dispoto a soñar con nós.Adiantámosvos o seu contido coa seguinte presentación.

martes, 29 de marzo de 2011

Visita de Suso Cubeiro

Proximamente visitará o noso centro o escritor e ilustrador Suso Cubeiro.

Recomendámosvos o seu libro " Larita" que escribiu e ilustrou. Podédelo atopar na nosa biblioteca dende xa.

martes, 15 de marzo de 2011

Coñeces os libros electrónicos (e-books)?


Lectoreselectrónicos. com Fantástica páxina para coñocer o mundo dos libros e lectores electrónicos. Moi completa, útil e actualizada para estar ao cabo desta nova forma de ler. Entre outras moitas, son interesantes as seccións de ¿Qué comprar? Preguntas frecuentes sobre qué tipo de e-reader comprar, características, pantallas, funcionalidades... Sección descargas. Todo tipo de conversores, manuais, firmware, utilidades varias, diccionarios...E-readers en acción, onde se nos presentan videodemostracións de diferentes lectores electrónicos.

Territorio Ebooks. Lecturas sin fin. A Fundación Germán Sánchez Ruipérez puxo en marcha o programa Territorio Ebook, lecturas sen fin (2009-2011) co obxectivo de analizar o impacto que esta nova forma de ler vai provocar entre os lectores. Trátase dunha investigación pioneira sobre as implicacións que comporta a introdución dos libros electrónicos nas aulas, as bibliotecas e as universidades; tres espazos de lectura que é necesario reinventar, tres pilares para un programa de longo percorrido: Ebook e Escola, Ebook e Biblioteca, Ebook e Universidade. (Vía, Territorio Ebooks)


Ebooks. Nesta páxina dásenos ampla información sobre a historia dos e-books, os diferentes formatos, software para construir ebooks, para lelos, ventaxes e inconvintes... etc.

Creación de ebooks. 11 programas, descargarbles dende aquí, para a creación e conversión de e-books.

Gestores de e-books. 6 programas para xestionar e visionar os nosos e-books.

Epubreader. EPUBReader é un complemento de Firefox co que  podes ler arquivos ePub sen necesitar programas adicionais.

QualityEpub é un programa gratuito para Windows que permite xenerar un epub a partires dun documento Word.