xoves, 18 de marzo de 2010

Lectura expresiva


Lectura-lectura en voz alta-oralización. Artículo de Kepa Osoro, na sección "ideas SOL", onde se aborda a lectura silenciosa e a lectura en voz alta, as súas ventaxes e inconvintes, así como as súas estratexias de aprendizaxe.

Nas plataformas de vídeo libres temos miles de exemplos de recitados que nos poden servir de modelos de lectura expresiva.



De viva voz é unha sección do blogue  A media voz onde se recollen centos de poesías recitadas, organizadas por autores.
Fonoteca de la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Pretende ser un gran repositorio de arquivos de audio sobre autores e obras. O "archivo de la palabra", de gran valor histórico e documental (voces de autores desaparecidos), lectura de obras, entre outras seccións.

Teatro leído. É unha gran práctica para a lectura expresiva. Neste artigo, Fernando Carratalá, da editorial SM, ofrécenos  unha actividade preparada para levar á clase.

Audiolibros. Extensa páxina con multitude de audiolibros para ler e escoitar ao mesmo tempo. Un modelo de lectura sobre textos de literatura española e universal. Os arquivos mp3 pódense descargar gratis.