mércores, 30 de abril de 2014

VISITOUNOS ANXO MOURE

Co motivo do día internacional do libro, visitou o noso cole o contacontos Anxo Moure. Todos os nenos e nenas do noso centro puideron disfrutar dunha xornada divertida escoitando as historias de Anxo que sempre defende tanto o coidado da nosa natureza. Nesta ocasión o fío condutor das súas historias era o seu último traballo " A xacia luviñas" que podedes atopar na nosa biblioteca escolar.