Aula Maker - Espazo STEAM


A partires o 2017 a nosa biblioteca leva poñendo en marcha a Aula Maker e o espazo STEAM ao igual que fixeramos coa nosa radio escolar. 

Nesta páxina teredes un recopilatorio das actividades que imos facendo en todas as etapas e ciclos.  









Dende actividades de robótica para Infantil co emprego de Bee bots e  Merge Cube coas aplicacións pertinentes e con taboleiros deseñados polo equipo de Infantil e Tics en láminas protexidas con metacrilato e cartón pluma.

 



Na etapa de Primaria o Claustro divídese en equipos de traballo e no equipo de robótica educativa formado por cinco membros representando todos os ciclos. 
Deseñamos uns dosieres de traballo con actividades secuenciadas para cada ciclo, e así, deixárllelos ás titoras e titores. Este traballo está feito de xeito interdisciplinar coa interrelación coas outras áreas como as linguas, as ciencias naturais, as ciencias sociais, inglés ou matemáticas.



1º, 2º e 3º actividades para escornabots, máquinas simples de Lego, Ozobot.
 


4º, 5º e 6º actividades para Lego Wedo 2.0 e mBoot coa implicación dos equipos informáticos de EdixGal do alumnado. 



Ademáis estamos a incluir o linguaxe de programación a partir de Scratch dende 1º a 6º con actividades on line e dende os ordenadores da aula de informática como os equipos individuais do alumnado.




0 comentarios:

Publicar un comentario