mércores, 1 de febreiro de 2017

CONCURSO DE ILUSTRADORES POLA PAZ



                    CONCURSO DE ILUSTRADORES POLA PAZ.  


   
Un merlo escoitou cantar unha bolboreta de cor
amarela no país das bolboretas:

Cereixas no sombreiro:
soña xaneiro.

Camiños de cristal:
ándanse mal.

Uns ollos de serea:
luces na area.

As flores nunha cesta:
días de festa.

Sorrisos dun rapaz:
brisas de paz.

E o merlo, abraiado,
Rematou a canción:

Os chíos dos paxaros:
uns sons enfeitizados.

Os brincos dun delfín:
as cordas do violín.

Bufandas amarelas:
das barcas son as velas.

Os voos dos morcegos:
cabriolas polo ceo.

Fermosa bolboreta,
os dous somos poetas!  

                              
  “ Antonio García Teijeiro”