xoves, 25 de abril de 2024

A nosa escola! Esperámosvos!

Este proxecto xurde dun traballo cooperativo entre todas e todos, dende Infantil ata Primaria para amosar o noso centro ao público. Esperámosvos que vos guste, podedes vir cando queirades.


Feixes de apertas e bicos.... a moreas!

luns, 22 de abril de 2024

Día do libro 2024. Contos

Dende a nosa biblioteca e para festexar o día do libro, preparamos unha colleita dos contos que fixeron para esta ocasión por parte do alumnado. 

 
Desexamos que vos guste!

Día do libro 2024. Bandas deseñadas

Dende a nosa biblioteca e para festexar o día do libro, preparamos unha serie de bandas deseñadas do alumnado.

 
 
Desexamos que vos guste!

Día do libro 2024. Libro de poemas

Dende a nosa biblioteca e para festexar o día do libro, preparamos un rebumbio de poemas do alumnado. Desexamos que vos guste!

Mércores de contacontos VII

Unha semana máis o alumnado do 3º ciclo fai a sesión de contacontos dos mércores para o resto de ciclos e para infantil.

Mércores de contacontos VI

Seguimos coa actividade cooperativa e xa levamos seis, aquí vos deixamos o Mércores de contacontos VI

 

venres, 5 de abril de 2024

Mércores de contacontos V

 Unha vez máis outra sesión de contacontos para Infantil e Primaria.



mércores, 20 de marzo de 2024

Mércores de contacontos IV

As rapazas de 5º e 6º emocionan aos compañeiros e compañeiras coa escenificación do seu conto "No despiertes a la dragona"

Un éxito máis!


sábado, 16 de marzo de 2024

Teatro de monicreques

No intre do recreo, dende a biblioteca da escola, fomentamos o teatro con monicreques para todas e todos. Un momento de lecer e de divertimento con moito éxito.




Mércores de contacontos III

Seguimos cos mércores de contacontos dende a nosa biblioteca, hoxe tivemos público de Infantil e Primaria. Que ben o pasamos!!

luns, 11 de marzo de 2024

Votacións do 8 de Marzo

 O Ceip A Florida vota pola IGUALDADE. 

Acadamos a maioría absoluta!

xoves, 7 de marzo de 2024

Mércores de contacontos II

Seguimos cos mércores de contacontos dende a nosa biblioteca, axiña máis publicacións e moitas máis novidades.

martes, 5 de marzo de 2024

Mércores de contacontos I

Dende a nosa biblioteca e a partires do propio alumnado organizamos unhas xornadas de contacontos que farémolas os mércores. 

Aquí unha pequena mostra da primeira sesión.

 A vindeira sesión... máis diversión!