venres, 19 de febreiro de 2021

O rato Pérez vive na biblioteca!

 Hoxe chegou Mateo á escola e díxonos:

- “Trouxen unha moa que me caeu esta noite para deixarlla na casa ao rato Pérez”.

- “Perfecto, xa sabes onde vive. Déixalla alí”. Comentoulle a mestra!




 









Despois de petarlle na mesma porta deixoulle a moa para que a gardara o Sr. Pérez.

Ao día seguinte pola mañán Mateo levou unha gran sorpresa. O rato Pérez lembrouse de Mateo.






 

mércores, 3 de febreiro de 2021

Día da Paz e a Non Violencia

Polo día da Paz andivemos liados coas nosas cousas, transmitindo normalidade dentro da situación actual. As nenas e nenos sempre agradecerán momentos como este. 

Concienciar e educar no respeto, a non violencia e a Paz. 

Grazas a todas e todos. 

 

Bicos a moreas e feixes de apertas. 

Sentidiño, máscara na faciana e hixiene de más!