venres, 22 de novembro de 2013

A HISTORIA DO APALPADOR

O APALPADOR


E CO NADAL, VOLVE O APALPADOR!

 


O Apalpador, é un vello corpulento e bondadoso que viste sempre con roupas gastadas e remendadas e leva boina. Adícase ao antigo oficio de facer carbón vexetal e frecuenta as zonas do Courel, os Ancares e o Cebreiro. A noite do 31 de decembro, baixa da súa solitaria cabana no cumio dun dos montes máis altos, cargado cun enorme saco cheo de castañas e visita todas as aldeas galegas. Mentres todos dormen, el entra nas casas para apalpar as barriguiñas dos nenos e nenas e comprobar se están ben alimentados e deixarlles unha boa presada de castañas para que non pasen fame.
Hoxe en día, como non atopa moitos ventres baleiros, acostuma a deixar tamén un pequeno xoguetiño de construcción artesanal cheo de agarimo.
Hai quen di que desaparecerá de Galicia se a xente non lle presta a atención que recibiu durante séculos e se Papá Noel segue roubándolle o seu traballo. E bo, polo tanto, que fales del e llo presentes a toda a xente que coñezas sobre todo aos máis cativos, para lograr que non nos abandone e siga visitándonos todos os anos.


Na nosa biblioteca podes atopar libros de Nadal .ANÍMATE E LE POLO NADAL!!!

O APALPADOR.Xoan G.

O APALPADOR E A CASTAÑA MÁXICA.Xoan G.

CRISPÍN , EL CERDITO QUE LO TENÍA TODO.Ted Dewan.

FELIZ NAVIDAD, BARRY!.Timun Mas.

¿COMO TRABAJA PAPÁ NOOEL? Alan Snow.

LA PRINCESA DE LAS NIEVES.Emily Hawkins.

NAVIDAD CON CESAR Y ERNESTINA.Gabrielle Vincent.

LA CERILLERA.Adrián Larrosa.

A VENDEDORA DE MISTOS.KALANDRAKA.

NAVIDAD, NAVIDAD,DULCE NAVIDAD! Ed. SM.

MANUAL DE LA NAVIDAD. Malcolm Bird.

EL NIÑO QUE NACIÓ EN BELÉN.Ed. Edelvives.

EL TESORO DE LOS CUENTOS DE NAVIDAD.Ed. clásica familiar.

CUENTOS PARA PREPARAR LA NAVIDAD. Ed. SM.


ADORNOS NAVIDEÑOS EN PAPEL. Ed. Parramón.


luns, 21 de outubro de 2013

SAMAIN DE LIBROS


Dende a biblioteca recomendámosvos estes libros e recordade:
SE POLO SAMAÍN QUERES DE MEDO TREMER...ESCOLLE BEN O QUE VAS LER....
De 0 a 5 anos:
-Onde viven os monstros.Maurice Sendak.Ed.Kalandraka.
-Os bolechas van á festa dos calacús.Pepe Carreiro.Ed. A nosa terra.
-Gato Guille e os monstros.Rocío Martínez.Ed.Kalandraka.
-Iago ten un pesadelo.Liesbe Slegers.Ed. Tambre.
-Sacapenas.Anthony Browe. de. Kalandraka.
-Tento mailo medo. Ed. Tambre.
-Raquel ten medo.Agustín Fernández Paz.Ed.Xerais.
-Este é o medo.Oli.Ed.Ir indo.
-Os bolechas teñen medo. Pepe Carreiro.Ed. A nosa terra.
-Os tres bandidos. Tomi Umgerer. Ed. Kalandraka.
De 6 a 8 anos:
-Fiz o coleccionista de medos.Fina Casalderrey.Ed. OQO.
-O Conde-vampiro.Lino Braxe. Ed. Sotelo Blanco.
-A casa da miña avoa.Pep Bruno.Ed. OQO.
-Bola de manteiga.Ana Presunto. Ed. Kalandraka.
-Samaín. Clara de Saa.Ed.Kalandraka.
-Tío Lobo. Ed.Kalandraka.
-Un pesadelo no meu armario.Mercer Mayer. Ed. Xerais.
-A bruxa regañadentes.Tina Meroto.OQO.
-Indo para o Samaín.Carlos e Sabela Labraña.Ed. Everest.
De 9 a 11 anos:
-A noite dos pesadelos.Antonio Reigosa.Ed.Tambre.
-O cuarto prohibido.Itzíar izquieta. de. OQO.
-As bruxas.Roald Dalh.Ed.Terramar.
-Unha pantasma no colexio.Manuel Lorenzo.Ed.Rodeira.
-El monstruoso libro de los monstruos.Thomas Brezina.Ed.SM.
-A noite de Samaín.Colección cómic os Barbanzóns.Ed.Toxosoutos.

INFORMÁMOSTE DE QUE A B.E. TEN UNHA PÁXINA DE CORREO ELECTRÓNICO PARA QUE FAGAS SUXERENCIAS: bibliotecaceipflorida@gmail.com

martes, 2 de abril de 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Neste día 2 de abril celébrase todos os anos o día internacional do libro infantil e xuvenil. Commemórase este día o nacemento do famoso escritor Hans Cristhian Andersen. Podedes clicar " O vello farol" para ver un dos seus contos.

martes, 19 de febreiro de 2013

RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Este ano hai 15o anos que Rosalía de Castro escribiu "Cantares Gallegos" que constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. Moitos poemas do seu libro son glosas de cantigas populares, nelas Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais. A continuación podedes escoitar un dos seus poemas máis coñecidos, que, por outra banda, pertence a dita obra.

Adiós, ríos; adiós, fontes. Rosalía de Castro

Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡Adiós contento,
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quen pudera no o deixar...!

...............................

Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.

Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

Adiós Virxe da Asunción,
branca com'un serafín:
lévovos no corasón;
pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!

Rosalía de Castro (1996). Cantares Gallegos. (Vigo: A Nosa Terra)

luns, 28 de xaneiro de 2013

ILUSTRADORES POLA PAZ

Este ano eleximos un poema de Paula Carballeira para ilustrar a Paz.


UNHA NUBE GRIS PASOU POR ÁFRICA

Unha nube gris pasou por África
De cando en vez
A nube choraba
Porque non lle gustaba o que vía

A xente poñíase contenta
Cantaba e bailaba
Porque chovía.


Podes facer o teu debuxo e participar no concurso! Os premios entregaranse o Día da Paz.
Participa!!!