luns, 19 de novembro de 2012

MAGOSTO

O pasado venres 9 celebramos o magosto no cole. Fixemos xogos, comemos castañas...e os máis atrevidos pintáronse cos carbóns de asalas.

TRAE UN, LEVA OUTRO

Este ano habilitamos unha zona de intercambio de libros na entrada da nosa biblioteca escolar. Tanto alumnos/as como pais, nais, avós...poden traer un libro das súas casas e intercambialo por outro que temos nos andeis de intercambio (ás portas da nosa biblioteca).

mércores, 31 de outubro de 2012

SAMAÍN

Os nosos colaboradores da biblioteca escribiron preciosas historias coas que decoramos este fermoso mural para commemorar a Festa do Samaín.

sábado, 27 de outubro de 2012

Recursos para o Samaín

Como se achega o Samaín a biblioteca pon á vosa disposición unha serie de recursos para traballar esta antiga celebración.

Para aprender:

Unidade didáctica 1º Ciclo
Unidade didáctica 2º Ciclo

Para colorear:

Cabazas
Outros debuxos





luns, 8 de outubro de 2012

OPAC MEIGA

Nesta páxina atoparedes información moi interesante: - Prensa en liña. - Revistas. - Enciclopedias en liña. - Novas da túa comarca. - Recomendacións de lectura. - etc OPAC MEIGA

mércores, 3 de outubro de 2012

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Dende a biblioteca do cole querémosvos recomendámsvos que consultedes estas páxinas nas que atoparedes un montón de lecturas interesantes. Hai para todas as idades. SOL-E CLUB KIRICO FILIX