Os alumnos do terceiro ciclo lemos o libro "O meu pesadelo favorito". Tivemos unha charla coa escritora e foi un encontro moi agradable. ¡Moitas grazas María Solar!
martes, 28 de xuño de 2016
VISITA DE MARÍA SOLAR
MARÍA SOLAR VEU AO NOSO COLEXIO
VI CONCURSO DE ESCRITORES
xoves, 12 de maio de 2016
As nenas e menos da escola homenaxean ao poeta da ialma e da lingua, o poeta da nosa terra que creou para nós, nenos e nenas un xeito novo de facernos ver como somos e como seremos!
Made in: "Feito polos de 6º"
Bicos a moreas!
venres, 22 de abril de 2016
Animación a lectura. Apadriñamento lector.
Día do Libro na nosa escola:
Bicos a moreas!
martes, 5 de abril de 2016
VISITOUNOS O ESCRITOR MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ
O autor de "O soño de Esther" contoulles aos alumnos do primeiro ciclo este conto e o do "Cullarapo Croque". Logo fixeron unha actividade de "Light painting" (pintura con luz).
Cos alumnos do segundo ciclo fixo un taller de creación literaria a partires do conto "O valente coello que quixo soñar".
Creamos personaxes con cunchas e pedras para escribir contos.

martes, 26 de xaneiro de 2016
CONCURSO DE ILUSTRADORES POLA PAZ
CONCURSO DE ILUSTRADORES
POLA PAZ 2016
A Terra, durmida,
sentiu no seu seo
disparos de chumbo,
disparos de xeo.
Moreas de nenos,
co seu agarimo,
fixeron da guerra
un mar de
aloumiños.
E foron as nenas,
deitando dozura,
as que converteron
o medo en tenrura
A Terra, durmida,
non quere espertar.
Está moi ferida.
Non pode xirar.
Meniñas, meniños
de todas as cores
cubriron a Terra
de beixos e flores.
A Terra abre un ollo
e sente a calor.
Escoita baixiño
sonatas de amor.
E xira que xira
coitada, amodiño,
rapazas, rapaces,
co voso cariño.
Antonio García Teijeiro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)