xoves, 8 de abril de 2021

Obradoiro de imaxe e fotografía nos recreos!


Diana, Claudia, Adrián e Mateo, chegaron un día no recreo e comentaron que querían facer o obradoiro de traballo de imaxe e fotografía, puxéronse en marcha coa cámara, o micrófono, os chalecos e as identificacións e recorreron toda a escola.

Fixeron unha reportaxe dos diferentes espazos e aquí vos deixamos o seu traballo dende o principio, maquetaron as diferentes tomas (algo así como 98 iniciais) e algún deles ao mellor descobre o seu novo pasatempo ou profesión.

Espero que sexa do voso agrado, e para a vindeira buscaremos unha cámara de vídeo nova!

0 comentarios:

Publicar un comentario