María José Corral Prieto, foi mestra durante moitos anos na nosa escola. Mestra de vocación que empregaba como didáctica o cariño e o amor polo alumnado e pola lectura. Gran compañeira e docente, benquerida en todo o pobo, pola súa traxectoria e polo seu facer como persoa, que deixou unha fonda pegada en todas e todos nós. Por todo iso a nosa biblioteca, levará a partires de hoxe o seu nome In Mermoriam.
Sempre no noso corazón a ela e a toda a súa familia vinculada coa cultura e a educación no noso Sanxenxo.
Grazas por tanto!
Bicos a moreas e feixes de apertas!!!